imaxen de aquí
Onte, día 16 de maio, tivo lugar a celebración do Día das Letras Galegas, no local Social da Gándara (onde eu vivo), adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño, no que tiven a sorte de participar, facendo una lembranza de RVB e tamén lendo uns poemas xunto a outros compañeiros de letras.
RVB naceu en Santiago en 1950 e faleceu no 2002, na mesma cidade. Formou parte de Grupo Abrente, Teatro Antroido, Teatro do Aquí e Teatro do Estaribel.
É dicir, toda a súa vida xirou arredor do teatro o que lle acadou importantes premios: Abrente, O Facho, Ciudad de Valladolid, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Xacobeo 92, Eixo Atlántico, María Casares…
Tanto era actor, como iluminador, como escenógrafo, dáballe a todos os paus. Era un todoterreo, un traballador incansable.
Para a súa primeira muller, Laura Ponte, que foi compañeira na fundación que sería a primeira compañía profesional de Galicia (Teatro Antroido), a homenaxe a RVB é un símbolo, xa que é a primeira vez que esta xornada se adica a un autor únicamente dramático.
O seu fillo Roi Vidal (1982), músico, dramaturgo e poeta, describe o seu pai en poucas palabras:
“Meu pai era un pallaso incómodo”
Roi está a escribir unha biografía súa, e dí que non era suficientemente coñecido porque era dramaturgo, que de ser novelista sería un best seller, posto que os seus espectáculos tiñan máis espectadores que lectores tiña o escritor galego máis vendido.
Dí tamén que de sempre RVB entrontouse ó poder. A primeira vez que puxo o naríz de pallaso foi en “Caprice des dieus” para contar cousas que lle acababan de suceder: o veto da consellería, falta de apoio da propia profesión…
Pero sobre todo, Roi, resalta de seu pai a súa dignidade, a súa preocupación polos máis marxinados da sociedade: os perdedores, os tolos, as putas.
Roi preguntoulle á súa filla de cinco anos a quen se lle adicaba o Día das Letras Galegas este ano, e ela, respondeu, toda chea de razón e tocándose o nariz:
“!A un pallaso!”
Este é o meu agasallo particular a RVB.
A foto é desta mañá na Protectora, cunha cachorriña que acababa de chegar, Lucy.
A información de RVB está sacada toda da rede,
e en especial dunha entrevista a Roi Vidal publicada na Voz de Galicia.
haina que escoitar toda enteiriña porque é unha ledicia